COMPETENCIAS CLAVE EN LINGUA GALEGA N2 (SUBVENCIONADA POLO CONCELLO DE VILAGARCÍA)

A Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía de Arousa abriu prazo de inscrición para un curso gratuíto sobre Competencias Clave en Lingua Galega (nivel II).

O título está destinado especificamente a mulleres e darase prioridade a aquelas que estean en situación de vulnerabilidade.

Se estás interesada poderás anotarte ata o 4 de setembro presencialmente nas nosas instalacións en Vilagarcía de Arousa (Praza de Galicia, 10 - Entreplanta) ou pola sede electrónica do Concello (sede.vilagarcia.gal).

- Modalidade: presencial.

- Inicio: luns 15 de setembro de 2025.

- Fin: martes 21 de outubro de 2025.

- Horario: de 9:30 a 14:00 horas (de luns a venres).

- Lugar de impartición: KAEME CONSULTORÍA - Vilagarcía de Arousa - Praza de Galicia, 10 - Entreplanta.

 

MÁIS INFORMACIÓN: 986 507 417 - 672 402 042 - info@kaemeconsultoria.es