O Concello de Vilagarcía pon en marcha dúas accións formativas, totalmente gratuitas, impartidas por Kaeme Consultoría y Prevención, S.L.
A primeira acción formativa diríxese a comuneiros do municipio, o cal abordará a xestión das comunidades de montes e o segundo, destinado á poboación en xeral, versa sobre o manexo de equipos mecánicos de corte e desbroce.
XESTIÓN DE COMUNIDADES DE MONTES - 30 horas
Impartirase dende o luns 11 de Decembro ata o Mércores 27 de Decembro, de luns a venres, de 20:00 a 22:30 horas.
O obxectivo deste curso é ofrecer aos membros das xuntas a formación básica que lles facilite o seu labor, para o cal recibirán formación sobre a lexislación estatal e galega en materia de montes, así como xestión informática e trámites coa Administración.
MANEXO DE EQUIPOS MECÁNICOS DE CORTE E DESBROCE - 45 horas
Impartirase dende o Martes 12 ata o Venres 22 de Decembro, en horario de mañá.
O obxectivo deste curso é formar tanto a homes coma mulleres no uso de motoserras, rozadoras e desbrozadoras que cada ano realizan actuacións e intervencións de silvicultura preventiva nos terreos e nos montes no marco das accións de conservación e prevención de incendios.
A data de inscripción estará aberta ata o 11 de decembro ás 12 horas no Rexistro do Concello de Vilagarcía de Arousa.